Costurearte


A arte feita costura. Outras formas de facer economía son posibles.

Imaxe de cabeceira da campaña
Lortutakoa
0
Obxectivo: 10.000,00 €
0
Doazóns

O Faro de Vigo tamén fala de nós!

28/10/2025

Un taller que transforma roupa e vidas.

O diario Faro de Vigo publicou o 27 de outubro unha reportaxe titulada "CostureArte, un taller que transforma roupa e vidas", onde destaca a historia das tres mulleres migrantes que converteron a costura nunha ferramenta para cambiar realidades.

O artigo explica as orixes de CostureArte, como Rosalía, Diana e Juana se coñeceron nun taller de costura creativa organizado pola Asociación Arraianas, e que alí xerminou a idea de crear unha cooperativa que non só transforme pezas, senón tamén vidas.

O xornal tamén recolle palabras de Diana Viveiros: "Queremos que, como nós, outras mulleres inmigrantes poidan ter unha oportunidade de autoemprego. Sabemos que nun futuro seremos máis". Ademais, a reportaxe destaca a campaña que estamos a promover desde a Fundació Coop57, e o obxectivo de alcanzar 13.000 euros para poñer en marcha o taller.

Con esta publicación, o diario galego visibiliza un proxecto que une creatividade, integración e sustentabilidade, demostrando que a moda pode ser tamén un espazo de xustiza social.

Podes ler a reportaxe completa aquí.

FORMULARIO DE DOAZÓN A campaña non está activa